Conceptos Básicos de Arquitectura de Redes
Publicado por rober24 en Diciembre 10, 2008
- Porto: Un porto é un identificador de aplicación, que se emprega para que cada aplicación traballe unicamente cos dates que lles correspondan, xa que un sitio Web solicitado desde un explorador Web non pode ser aberto polo “Outlook”, e viceversa.
- Comunicacións Orientadas á Conexión: Podemos definila como aquelas comunicacións nas que existe unha conexión previa, na que se prepara o enlace para a comunicación, por exemplo, dividir a mensaxe en paquetes.
- Comunicacións Non Orientadas á Conexión: Cando non existe un proceso de comunicación previo.
- Conmutación de Mensaxes: Tecnoloxía baixo a cal os mensaxes non eran fragmentados para a súa transmisión.
- Conmutación de Paquetes: As mensaxes fragméntanse en paquetes que son conmutados mediante nodos intermedios.
- ATM: Prodúcese cando os mensaxes a enviar son fragmentados e ó pasar polo ROUTER, tan só se comproba a cabeceira, non todos os datos.
- ACK / NACK: Mensaxe de conirmación de recepción dos mensaxes o paquetes enviados.
- Cabeceiras:
- Control de Acceso ao Medio (MAC): Identificador de 48 bits da tarxeta de rede.
- Control de Fluxo: Consiste en controlar a velocidade de transmisión por parte do emisor mediante un diálogo co receptor, coa finalidade de evitar “cuellos de botella”.
- Control de Erros: Para comprobar, e si é posible, correxir os erros que se puidesen producir durante a transmisión dos paquetes a través do medio, engádense por parte do equipo emisor unha nova cabeceira de bits que servirán para tal finalidade.
- Suma de verificación (Checksum): É a nova cabeceira co novo conxunto de bits engadida no control de erros.
- Modelos de Referencia: Modelos creados para chegar a un consenso á horade afrontar os problemas que existen na comunicación entre os equipos informáticos.
- Capa ou nivel: Cada un dos diferentes peldaños que hai dentro de un proceso de comunicación informático.
- Entidades e entidades pares: Chamamos entidades ós elementos activos de cada capa, e entidades pares, os elementos activos de cada capa entre emisor e receptor.
- Protocolo: Podémolo definir como a linguaxe no cal se poñen de acordo as entidades pares entre elas, no proceso de comunicación informático.
- Interfaz: Define que servizos vai a ofrecer unha capa á outra. É o encargado de ocultar a complexidade das accións levadas por unha capa.
- Arquitectura de Rede: Conxunto funcional concreto de capas e protocolos entre entidades pares.
- Pila de Protocolos: Conxunto de protocolos que emprega un determinado sistema.