Blogue do Rober

blogue do ciclo ASI

Archivo de Diciembre 2008

Dispositivos de Almacenamiento

Publicado por rober24 en Diciembre 11, 2008

Documento en pdf de algunos ejemplos de dispositivos de almacenamiento actuales.

almacenamiento

Publicado en SIMM | Deja un Comentario »

MODELO OSI

Publicado por rober24 en Diciembre 10, 2008

O Modelo OSI, é un conxunto de estándares ISO relativo á comunicación de datos. É un modelo de referencia para permitir a comunicación entre máquinas heteroxéneas. Ese modelo serve de base para calquer tipo de rede, sexa de curta, media ou longa distancia. O modelo OSI está baseado no modelo SNA, creado por IBM.

A ventaxa do modelo OSI é a definición teórica do seu modelo arquitectónico de rede.

A principal desventaxa é que non hai un equilibrio entre as funcións que realizan as capas.

LISTADO DE CAPAS:

  1. Capa física: Está ligada coa transmisión dos bits. É a capa de máis baixo nivle, e encárgase de adecuar o sinal de información ás características da canle, xunto co trasporte do fluxo de bits entre emisor e receptor a través dos medios de transmisión.
  2. Capa de enlace: Garantiza unha transmisión fiable libre dos erros para que o resto das capas poidan manipular a información que lles chega sen que esta sexa errónea, ademais de levar a cabo un control do fluxo para axustar a velocidade de transmisión dos datos en función das características instantánea da rede e establecer un control de accesio ó medio compartido.
  3. Capa de rede: A capa de Rede é responsable do direccionamento dos paquetes, convertendo enderezos lóxicos en enderezos físicos, de forma que os paquetes consigan chegar corretamente ao destino. Esa capa tamén determina a rota que os paquetes irán seguir para atinxir o destino, baseada en fatores como condicións de tráfico da rede e prioridades.
  4. Capa de transporte: A súa función esencial é a do troceado/ensamblado dos paquetes en que se divide a información e garantizar a súa secuencialidade, aínda que tamén leva a cabo outra serie de funcións como o ontrol de erros.
  5. Capa de sesión: Encárgase de levar a cabo un control das sesións que se establecen sobre os servizos ofrecidos na rede e emular unha comunicación dúplex.
  6. Capa de presentación: Define o formato dos datos que se van a intercambiar entre as aplicacións e ofrece aos programas de usuario un conxunto de servizos relacionados coa transformación dos datos.
  7. Capa de aplicación: Proporciona un medio ós programas de aplicación para que accedan ó entorno de comunicacións OSI, garantindo unha transparencia de seu ó usuario a través dunha interfaz de usuariok que tanto pode ser GUI como LUI.

Publicado en Redes | Deja un Comentario »

Conceptos Básicos de Arquitectura de Redes

Publicado por rober24 en Diciembre 10, 2008

  • Porto:  Un porto é un identificador de aplicación, que se emprega para que cada aplicación traballe unicamente cos dates que lles correspondan, xa que un sitio Web solicitado desde un explorador Web non pode ser aberto polo “Outlook”, e viceversa.
  • Comunicacións Orientadas á Conexión: Podemos definila como aquelas comunicacións nas que existe unha conexión previa, na que se prepara o enlace para a comunicación, por exemplo, dividir a mensaxe en paquetes.
  • Comunicacións Non Orientadas á Conexión: Cando non existe un proceso de comunicación previo.
  • Conmutación de Mensaxes: Tecnoloxía baixo a cal os mensaxes non eran fragmentados para a súa transmisión.
  • Conmutación de Paquetes: As mensaxes fragméntanse en paquetes que son conmutados mediante nodos intermedios.
  • ATM: Prodúcese cando os mensaxes a enviar son fragmentados e ó pasar polo ROUTER, tan só se comproba a cabeceira, non todos os datos.
  • ACK / NACK: Mensaxe de conirmación de recepción dos mensaxes o paquetes enviados.
  • Cabeceiras:
  • Control de Acceso ao Medio (MAC): Identificador de 48 bits da tarxeta de rede.
  • Control de Fluxo: Consiste en controlar a velocidade de transmisión por parte do emisor mediante un diálogo co receptor, coa finalidade de evitar “cuellos de botella”.
  • Control de Erros: Para comprobar, e si é posible, correxir os erros que se puidesen producir durante a transmisión dos paquetes a través do medio, engádense por parte do equipo emisor unha nova cabeceira de bits que servirán para tal finalidade.
  • Suma de verificación (Checksum): É a nova cabeceira co novo conxunto de bits engadida no control de erros.
  • Modelos de Referencia: Modelos creados para chegar a un consenso á horade afrontar os problemas que existen na comunicación entre os equipos informáticos.
  • Capa ou nivel: Cada un dos diferentes peldaños que hai dentro de un proceso de comunicación informático.
  • Entidades e entidades pares: Chamamos entidades ós elementos activos de cada capa, e entidades pares, os elementos activos de cada capa entre emisor e receptor.
  • Protocolo: Podémolo definir como a linguaxe no cal se poñen de acordo as entidades pares entre elas, no proceso de comunicación informático.
  • Interfaz: Define que servizos vai a ofrecer unha capa á outra. É o encargado de ocultar a complexidade das accións levadas por unha capa.
  • Arquitectura de Rede: Conxunto funcional concreto de capas e protocolos entre entidades pares.
  • Pila de Protocolos: Conxunto de protocolos que emprega un determinado sistema.

Publicado en Redes | Deja un Comentario »

Router Wifi Thomson TCW710

Publicado por rober24 en Diciembre 9, 2008

Engado tamén o manual en pdf do router.

manualwifithompson2

Publicado en Redes | Deja un Comentario »

Presupuesto UC

Publicado por rober24 en Diciembre 3, 2008

pantallazo-mozilla-firefox

Publicado en SIMM | Deja un Comentario »