Blogue do Rober

blogue do ciclo ASI

Archivo de Noviembre 2008

Cableado estructurado

Publicado por rober24 en Noviembre 27, 2008

Un sistema de cableado estrucutado é unha rede de cables, conectores, canaletas… en cantidade, calidade e flexibilidade suficientes que nos permitan unir dous puntos dentro dun edificio independientemente do tipo de sinal que se queira transmitir.

O cableado estructurado, sirve pra transmitir un sinal desde un punto calquera a outro punto calquera. A utilización dun so tipo de cable para tódolos servizos que se queiran prestar, permite a centralización e facilita a administración e mantemento. Todo isto, é posible grazas á dixitalización de toda sinal eléctrica que conteña información.

As ventaxas do cable estructurado son as seguintes:

  1. Vainos permitir facer convivir moitos servizos na nosa rede (voz, datos…) coa mesma instalación, independentemente dos equipos e productos que empreguemos.
  2. Pódense instalar tódolos dispositivos sobre o mesmo trazado
  3. O tipo de cable permite altas tasas de transferencia de datos en redes de computadoras debido á súa calidade.
  4. Ao tratarse dun sistema de tipoloxía tipo estrela, o tendido dos cables é doado de administrar, tanto á hora de facer cambios como á hora de añadir novos equipos.
  5. Os fallos na rede de comunicacións son menores e máis sinxelos de localizar que nos sistemas de cableado non estructurado.
  • SUBSISTEMAS:

Un sistema de cableado é o conxunto do cableado dun edificio, e a cada parte na que se divide, recibe o nome de subsistema de cableado. Existen diversos tipos de subsistemas:

  1. Área de traballo: Dfínese como a zona onde están os distintos postos de traballo na rede. En cada un deles haberá unha roseta de conexión que permita conectar o equipo ou equipos que se queiran integrar na rede.
  2. Subsistema de cableado horizontal: É o subsistema encargado de interconectar as distintas áreas de traballo, desde as correspondentes rosetas de cada posto de traballo ó punto central que as interconecta, o panel de parcheado, ubicado no armario de distribución.
  3. Subsistema de cableado vertical: É o que interconecta os distintos armarios de comunicacións. Estos poden estar situados en plantas ou habitacións distintas dun mesmo edificio ou incluso en edificios colindantes.
  4. Subsistema de Campus: Está formado polos elementos de interconexión entre un grupo de edificios que posean unha infraestructura común.
  5. Cuarto de telecomunicacións: Trátase da ára dun edificio empregada para o uso exclusivo do equipo asociado co sistema de cableado de telecomunicacións. O espazo compartido polo cuarto de comunicacións non debe ser compartido coas instalacións eléctricas que non sexan de telecomunicacións.
  6. Cuarto de equipos: O cuarto de equipos é un espazo centralizado para os equipos de telecomunicacións que sirven ós ocupantes do edificio. Este cuarto tan só debe gardar equipos directamente relacionados co sistema de telecomunicacións e os seus sistemas de soporte.
  7. Cuarto de entrada de servizos: A entrada de servizos provee o punto no cal o cableado externo únese co cableado vertical no edificio. É a porta de servizos de telecomunicacións ó edificio, a cal inclúe o punto de recepción a través da parede do edificio que continúa co cuarto ou área de entrada.

Publicado en Redes | Deja un Comentario »

Tabla procesadores Intel

Publicado por rober24 en Noviembre 26, 2008

Publicado en SIMM | Deja un Comentario »

Diagrama Switch

Publicado por rober24 en Noviembre 25, 2008

diagramaswitch

Publicado en Redes | Deja un Comentario »

Diagrama rede na casa

Publicado por rober24 en Noviembre 25, 2008

diagrama-casa

Publicado en Redes | Deja un Comentario »

REDE ELÉCTRICA CON TECNOLOXÍA PLC

Publicado por rober24 en Noviembre 3, 2008

PLC é un termo anglosaxón que pode traducirse por comunicacións mediante cable eléctrico e que se refire a diferentes tecnoloxías que empregan as liñas de enerxía eléctrica convencionais para transmitir sinais de radio para propósitos de comunicación. A tecnoloxía PLC aproveita a rede eléctrica para convertila nunha liña dixital de alta velocidade de transmisión de datos, permitindo entre outras cousas, o acceso a Internet mediante banda ancha.

Facer unha conexión entre dous ordenadores mediante PLC é moi doado. Primeiro debemos ter un cable de rede que chegue dende o ordenador ata o enchufe onde queiramos colocar o PLC. Logo enchufaremos o PLC á rede eléctrica. A continuación configuramos como vimos noutros artigos anteriores as IP de ámbolos dous equipos. Como último paso, faremos un ping para ver que todo este correctamente. No canto de que non funcione ben, repasaremos os pasos anteriores, revisando primeiro o hardware (cable, PLC…) e despois revisar a configuración da IP.

Agora, deixo aquí un diagrama dunha conexión mediante tecnoloxía PLC.

Publicado en Redes | Deja un Comentario »