Publicado por rober24 en Octubre 29, 2008
O ping é unha ferramenta que nos permite mirar se a conexión que acabamos de configurar está ben feita. O ping envía uns paquetes de datos á dirección IP que lle ordenamos, e nel saennos reflectidos o tempo e os paquetes envíados positivamente.
Para realizar ping en linux, deberemos abrir “Herramientas de Red”, que se atopa en Sistema/Administración. Nel, iremos á pestaña de Ping. Nela, onde pon dirección, poremos a dirección á cal lle queremos transmitir, e clickamos en ping.


Tamén podemos facer ping desde o Terminal, empregando o comando “ping (IP que queramos enviar).
En Windows, o comando ping actívase dende o Símbolo de sistema, e é do mesmo modo que no Terminal de Linux, é dicir, poñemos o comando ping e de seguido, a dirección IP que nos interesa
Publicado en Redes | Deja un Comentario »
Publicado por rober24 en Octubre 29, 2008
1.- Define os conceptos de transmisión e comunicación e comenta as súas diferencias.
- TRANSMISIÓN: A transmisión é o proceso polo que se transportan sinais dun lugar a outro. As sinais son entidades de natureza diversa que se manifestan como magnitudes físicas: eléctricas, magnéticas, acústicas, luminosas, etc. Os parámetros de calquera transmisión son sempre magnitudes físicas: tensión, intensidadem presión, frecuencia, amplitude, etc.
- COMUNICACIÓN: A comunicación é o proceso polo que se transporta información, sabendo que esa información viaxa sobre un sinal que se transmite. Ou tamén: comunicación é a transmisión de sinais mediante un código común ao emisor e ao receptor. É dicir, emisor e receptor puxéronse dacordo nunha serie de normas polas que se entenden ou se comunican.
- DIFERENCIAS: A transmisión refírese, por tanto, ao tranporte de sinais necesarios para que se produza un fenómeno telemático, mentres que a comunicación refírese ao transporte de información, datos que significan algo para o emisor e para o receptor, independentemente do tipo de sinal utilizado para a súa transmisión. O sinal é á transmisión o que a información é á comunicación.
2.- ¿Cál dos seguintes non é un organismo relacionado coa estandarización das redes?
a. ANSI
b. IEEE
c. ETD =>Non é un organismo
d. ISO
e. W3C
3.- ¿En qué se diferencian os estándar de facto (ou de feito) dos de iure (ou dereito)?
- Estándar de facto ou de feito. É un estándar aceptado no mercado polo seu uso xeneralizado.
- Estándar de iure ou de dereito. É creado por unha asociación de estándares e proposto aos distintos fabricantes para que deseñen os seus equipos dacordo com esas normas definidas.
4.- ¿Qué é un transductor? Pon exemplos.
O transductor é un dispositivo encargado de transformar a natureza do sinal, é dicir, de sinal eléctrico a luminoso, de acústico a eléctrico. Un exemplo de transductor é unha bombilla, que transforma un sinai eléctrico nun sinai luminoso. Un micrófono tamén é un exemplo, xa que transforma sinais acústicas en eléctricas e viceversa.
5.- Debuxa o esquema dun Circuito de Datos, identificando os seus compoñentes e comentando a función
de cada un.




- Equipo Terminal de Datos (ETD): (en inglés DTE, Data Terminal Equipment) é aquel compoñente do circuito que exerce a función de fonte ou destino da información. Este concepto pode englobar a moitos dispositivos, como un ordenador, unha impresora, un móvil, ou en xeral un terminal que faga de emisor ou receptor da información.
- Equipo Terminal del Circuito de Datos (ECD): (en inglés, DCE, Data Communication Equipment), é o compoñente que adapta a información que xenera o ETD en sinais que viaxa polo canal de comunicacións. Utiliza para iso técnicas de modulación, multiplexación, concentración, etc. Un exemplo común é o módem que transforma os sinais dixitais proporcionados polo ETD na orixe en sinais analóxicos para que viaxen pola liña telefónica e posteriormente, no destino, en sinais dixitais de novo para que sexan entendidos polo ETD receptor.
- Línea de Datos: Refírese á liña de comunicacións ou canal que une os dous ECD.
- Enlace de Datos: Está constituído polo conxunto dos ECD e as liñas que os interconectan.
6.- Cita e comenta a función dos principais compoñentes da Rede Telefónica.
- LIÑAS DE TRANSMISIÓN: a parte máis extensa da rede que permite a conexión física entre emisores e receptores. Nun principio estaba composta por cables de pares, pero hoxe en día xa existe fibra óptica, cables coaxiais, satélites…
- CENTRAIS DE CONMUTACIÓN: Dispoñen dunha serie de dispositivos encargados da selección automática do camiño físico oportuno entre emisor e receptor a través das liñas de transmisión. As centrais organízanse nunha estructura xerárquica. As centrais de conmutación tamén desenvolven outras funcións, como a tarificación ou o control de averías.
- OS TERMINAIS: Son o teléfono, o fax ou o módem. Conéctanse á rede eléctrica a través dun interfaz adecuado, normalmente un conector e clavixa RJ-11.
7.- Cita as características principais (4) das redes de área local (LAN).
- Área Xeográfica Limitada
- Velocidade de transmisión moi elevada
- Privada
- Fiabilidade nas transmisións
8.- ¿En qué se diferencian as redes de ordenadores entre iguais das redes basadas en servidores (clienteservidor)?
Nas redes de ordenadores entre iguais, tódolos ordenadores poñen a disposición dos demais os recursos dos que dispoñen. Ningún ordenador está privilexiado.
As redes basadas en servidores, consisten en privilexiar polo menos a un dos ordenadores otorgándolles capacidades engadidas en forma de servizos que ofrece ó resto da rede. Estes ordenadores chámanse servidores, mentres que os que solicitan os seus servizos, pasan a ser clientes. O problema destas redes é a alta dependencia ó bo funcionamento do servidor.
9.- Comenta as características das tres formas de explotación de ciucuitos de datos (símplex, semi-dúplex
e dúplex). Pon exemplos de aplicación de cada unha delas.
- Comunicación símplex. Aquela na que están claramente definidas as funcións de emisor e receptor. Existe un único canal e a comunicación é unidireccional, polo que a transmisión dos datos se efectúa sempre na mesma dirección. Un exemplo é a distribución de sinais de televisión analóxica ou de radio, nas que os receptores non poden interactuar có emisor.
- Comunicación semidúplex. Tamén chamada halfdúplex. Neste caso emisor e receptor poden intercambiar os papeis, pero non poden emitir de xeito simultáneo. Existe un único canal no que a comunicación é bidireccional pero non simultánea. Un exemplo son as emisións dosradioaficionados.
- Comunicación dúplex. Tamén chamada fulldúplex. Existen dous canais, polo que a comunicación pode ser bidireccional e simultánea. Un exemplo é unha conversa telefónica na que os dous interlocutores poden falar simultáneamente.
10.- Indica se as seguintes afirmacións son verdaderas ou falsas. (Nota: As respostas incorrectas
penalizan invalidando unha resposta correcta.)
a. As líneas punto a punto están constituídas por un bus de comunicacións común a todos os
equipos. F
b. As líneas de comunicacións públicas utilízanse ampliamente en redes de área extensa (WAN).V
c. O “software libre” sempre é gratuito.F
d. Os programas “open source” son aqueles nos que o usuario pode acceder ao código fonte e
modificalo.V
e. Nas transmisións asíncronas, emisor e receptor sincronizan os seus reloxios.F
f. O código Morse codifica cada carácter cun número de puntos e rayas variable.V
g. A unidade básica de medida de velocidade de transferencia de datos nunha rede mide os bytes
transmitidos por unidade de tempo.F
h. Un Concentrador é un dispositivo que rexenera un sinal eliminando a súa atenuación.F
i. Un Conmutador é un dispositivo encargado de establecer un canal de comunicación,
seleccionando a ruta axeitada para conectar emisor e receptor.V
j. As redes de área local son máis rápidas que as redes de área extensa.V
Publicado en Redes | Deja un Comentario »
Publicado por rober24 en Octubre 28, 2008

Para configurar en Windows unha rede local, entraremos en Panel de Control/Conexiones de Red. Pulsando sobre o icono, entramos en propiedades. Escollemos a opción “Protocolo Internet”, e na ventana que se nos abre, configuramos a nosa dirección IP e a nosa máscara de rede.
Publicado en Redes | Deja un Comentario »
Publicado por rober24 en Octubre 28, 2008
Para configurar a rede en Linux, debemos entrar en Sistema/Administración/Red

Agora, o seguinte paso será desbloquear a opción de conexión bloqueada. Entramos en propiedades. E configuramos a nosa dirección IP.

Esto mismo podriamos realizalo co comando IFCONFIG, dentro do terminal. Pra iso entraremos no terminal e escribindo o comando “sudo ifconfig eth0 (a nosa dirección IP)”

Publicado en Redes | Etiquetado: configuración, ehernet, linux, local, red, ubuntu | Deja un Comentario »
Publicado por rober24 en Octubre 22, 2008
Para realizar unha instalación particionada de Windows XP e Linux Ubuntu hai que realizar os seguintes pasos:
- Introducimos o cd de Windows XP no CD-ROM. No caso de non tela integrada, abrimos o ordenador e conectámola á placa base a través dun cable IDE.
- Encendemos o ordenador e presionamos a tecla “SUPR” pra así poder entrar na BIOS. Na BIOS cambiamos a preferencia de arranque do ordenador na pestaña “BIOS FEATURES”, onde escollemos como arranque principal o CDROM. Gardamos os cambios e reiniciamos o ordenador.
- Se o fixemos ben, arrancará o cd, senon, repetimos o proceso.
- Se o fixemos ben, pediranos que pulsemos unha tecla pra que inicie o CDROM. Pulsámola, e saenos unha pantalla.
- Nesa pantalla, aparécennos as distintas particións que hai no disco duro. Borramos todas as que hai, seguindo os códigos que nos aparecen no menú inferior.
- Cando teñamos todo borrado, creamos unha partición, de algo menos da metade do disco duro.
- Presionamos “ENTER” e saenos unha ventaniña onde podemos escoller o modo de instalación. O mellor protocolo é o NTFS. Temos dúas opcións, en función do tempo, unha normal e outra rápida. Nós escolleremos a rápida (que de rápida non ten moito).
- Agora comeza o proceso de instalación, que no momento dado, aparecerá unha ventana onde teremos que escoller nome de equipo, de usuario, etc.
- Logo de cubrir estos datos, complétase a instalación e xa podemos comezar a utilizar windows.
- Apagamos o ordenador.
- Encendemos o ordenador e introducimos o cd de Linux Ubuntu no lector.
- Como xa teremos configurada a BIOS, entraremos directos no CD.
- Aparecenos unha pantalla e escollemos “INSTALAR UBUNTU”
- Imos a unha pantalla na cal eleximos partición manual.
- Apareceranos a partición de Windows e unha zona do disco duro chamada “Free Space”. Editámola e poñémoslle casi a súa totalidade, deixando libre polo menos 2 gb. Escollemos o sistema ext3 na pestaña que hai debaixo, e na seguinte pestaña, escollemos como punto de montaxe “/”.
- Agora, creada a partición, aparecenos a partición de Windows e de Linux, e un “Free Space”, que o escollemos como área de intercambio.
- Presionamos aceptar
- Aparécenos unha ventaniña na cal poñeremo nome de usuario e contrasinal. Aceptamos e comeza a instalación
- Rematada a instalación, comezamos a utilizar Linux Ubuntu
Publicado en Redes | Etiquetado: windows Linux Dual partición | Deja un Comentario »
Publicado por rober24 en Octubre 21, 2008
En función de cómo se conduce ou guía a información a través do medio de transmisión, podemos facer a seguinte clasificación:
Publicado en Redes | Deja un Comentario »
Publicado por rober24 en Octubre 20, 2008

- Cortar o cable coa lonxitude desexada, sempre deixando unha marxe de erro.
- Pelar o cobertor gris para deixar ó descuberto os pares (aproximadamente 1cm). Coidado con dañar os pares. Comprobalos e repetir o proceso si é necesario.
- Destrenzar os pares e ordenalos segundo o estándar elexido
- Aplanar os cables e igualar os extremos
- Colocar o conector RJ45, comprobando a lonxitude dos cables e repasar antes de crimpar
- Crimpar o cable

- Se queremos contruír un cable paralelo, empregaremos o mismo estándar nos dous extremos do cable.
- Se queremos construir un cable cruzado, empregaremos un estándar distinto en cada extremo
Publicado en Redes | Deja un Comentario »
Publicado por rober24 en Octubre 17, 2008
Publicado en SIMM | Deja un Comentario »
Publicado por rober24 en Octubre 16, 2008
Publicado en SIMM | Deja un Comentario »
Publicado por rober24 en Octubre 13, 2008
O espectro electromagnético é o mapa de posibles frecuencias coñecidas para sinais electromagnéticos. Trátase dun continuo de frecuencias, que se foron descubrindo ao longo da historia da tecnoloxía.
Nas comunicacións, canta máis información teña a mensaxe que queremos transmitir, maior será o seu ancho de banda, e precisaremos de sinais de maior freuencia para trnamitilo.
imaxe obtida do seguinte enlace
Publicado en Redes | Deja un Comentario »