Blogue do Rober

blogue do ciclo ASI

Archivo de Septiembre 2008

Circuito de datos

Publicado por rober24 en Septiembre 30, 2008

Publicado en Redes | Deja un Comentario »

Normas e asociacións de estándares

Publicado por rober24 en Septiembre 29, 2008

O proceso de comunicación precisa dunha serie de normas tanto a nivel físico como a nivel lóxico. Desta tarea encárganse os dinstintos fabricantes, organismos internacionais, Estados… As normas son de dous tipos en función da súa orixe.

  • Estándar de facto ou de feito: Aceptado no mercado polo seu uso xeneralizado
  • Estándar de iure ou de dereito: Creado por unha asociación de estándares e proposto aos distintos fabricantes para que deseñen os seus equipos dacordo con esas normas

Algunhas das asociacións son as seguintes:

  • ANSI: American National Standards Institute
  • IEEE: Institute of Electrical and Electronics Engineers
  • IETF: Internet Engineering Task Force
  • ISO: International Organization for Standardization
  • W3C: World Wide Web Consortium

Publicado en Redes | Deja un Comentario »

Conceptos básicos

Publicado por rober24 en Septiembre 29, 2008

Hoxe en día Internet está metido de cheo nas nosas vidas. Empregámolo como ferramenta de traballo, para realizar trámites administrativos, como ferramenta de ocio… O problema é que é pouca a xente que sabe certos conceptos básicos acerca de Internet.

  • Telemática: Podemos definila como a técnica que trata da comunicación remota entre procesos informáticos. Analizando o seu prefixo (tele-, que significa distancia) podemos dicir que é a informática a distancia. Esta técnica ocúpase tando dos aspectos físicos (conector, tipo de sinal) coma dos aspectos lóxicos (protocolos, corrección de erros…)
  • Comunicación: Definimos comunicación como o proceso polo cal se transporta información, a cal viaxa sobre un sinal que transmite. Tamén se coñece como a transmisión de sinais mediante un código común ao emisor e ao receptor.
  • Transmisión: Proceso polo que se transportan sinais dun lugar a outro. As sinais son entidades de natureza dicersa que se manifestan como magnitudes físicas. En tódolos procesos comunicativos, hai transmisión, pero non sempre ocorre ó contrario, é dicir, non sempre que hai transmisión se produce comunicación.
  • Liñas de comunicación: Son as vías a través das que os equipos intercambian información. Cando se conectan dous ou máis equipos a través de liñas de comunicación construése unha rede de comunicación. Existen diferentes tipos de liña segundo a súa topoloxía.
    • Liñas punto a punto
    • Liñas multipunto
    • Liñas privadas
    • Liñas públicas
    • Liñas adicadas
  • Sincronismo: É o procedemento polo cal, emisor e receptor póñense dacordo sobre o instante preciso no cal comeza e remata a información que se pon no medio de transmisión. Isto implica empregar unha mesma base de tempos sobre a que medir os distintos eventos que ocorrerán durante a transmisión.
  • Tipos de transmisión: Os tipos de transmisión clasifícanse segundo o sincronismo, número de liñas de comunicación ou tipo de sinal.
    • Segundo o sincronismo:
      • Síncrona
      • Asíncrona
    • Segundo o número de liñas de comunicación:
      • En serie
      • En paralelo
    • Segundo o tipo de sinal:
      • Analóxica
      • Dixital
  • Clasificación das comunicacións en función da explotación dos circuitos de datos:
    • Símplex
    • Dúplex
    • Semidúplex
  • Emisor/Receptor
  • Transductor
  • Canal
  • Módem
  • Códec
  • Amplificador
  • Repetidor
  • Distribuidor e Concentrador
  • Conmutador
  • Antena
  • Red de comunicación
  • Velocidade de transferencia
  • Elementos da rede telefónica
    • Liñas de transmisión
    • Centrais de conmutación
    • Terminais

Publicado en Redes | Etiquetado: , , , | Deja un Comentario »

Comezo do curso 2008/2009

Publicado por rober24 en Septiembre 25, 2008

Hoxe comezan as clases do módulo de Redes de Área Local, no que empregaremos este medio pra subir artigos e traballos.

Publicado en Redes | 1 comentario