Temos que crear os seguintes directorios empregando a consola:
/home/DATOS
/home/DATOS/Publico
/home/DATOS/Grupos
/home/DATOS/Grupos/ASI
/home/DATOS/Grupos/ASI/Redes
/home/DATOS/Grupos/Audiovisual
Tamén crearemos dous grupos: audiovisual e asi. Crearemos tamén dous usuarios: marta (pertencente ó grupo asi) e pepe (pertencente ó grupo audiovisual).
Antes de comezar cómpre que nos poñamos como superusuario, para non ter que estar escribindo cada dous por tres o contrasinal, debido a que as tarefas que faremos terán carácter administrativo.
Primeiro comezaremos creando tódolos directorios escritos anteriormente. Para realizar esta operación empregaremos o comando “mkdir seguido da dirección e nome do directorio”, por exemplo “mkdir /home/DATOS/Grupos/ASI/Redes”.
Logo de ter creados tódolos directorios, crearemos os usuarios e os grupos. Para crear cada usuario, o comando que nos fai falla é o comando “adduser” seguido do nome do usuario. Por exemplo: “adduser pepe”. Para crear o grupo, empregaremos o comando “addgroup” seguido do nome do grupo. Por exemplo: “adduser marta”.
Agora o que faremos é asignarlle a cada usuarioun grupo, por exemplo, a marta asignarémoslle o grupo asi, e a pepe o grupo audiovisual. Isto faise mediante o comando “adduser <nome usuario> <nome grupo>. Por exemplo: “adduser marta asi”.
O seguinte punto será asignarlle a cada carpeta un grupo:
| DATOS | root | root |
| Publico | root | root |
| Grupos | root | root |
| ASI | root | asi |
| Redes | root | asi |
| Audiovisual | root | audiovisual |
Esta tarefa farémola mediante o comando “chown <propietario do arquivo ou carpeta>:<nome do grupo> <dirección da carpeta ou arquivo>”. Por exemplo, para asignarlle o grupo asi á carpeta redes escribiremos o seguinte “chown root:asi /home/DATOS/Grupos/ASI/Redes”.
O último punto será otorgar os seguintes permisos ás carpetas:
| Directorio | propietario | grupo | outros |
| DATOS | rwx | rwx | r_x |
| Publico | rwx | rwx | rwx |
| Grupos | rwx | rwx | r_x |
| ASI | rwx | rwx | |
| Redes | rwx | rwx | |
| Audiovisual | rwx | rwx |
Para otorgar permisos empregamos o comando “chmod” seguido dun código numérico de tres cifras que podemos atopar na Guía Ubuntu e o nome do directorio ou arquivo. Por exemplo, para a carpeta Grupos, escribiremos o seguinte ” chmod 775 /home/DATOS/Grupos”.
Para comprobar os permisos otrogados empregamos o comando “ls -l <dirección da carpeta ou arquivo>”.




